Igalia participa nun proxecto de internacionalización, operación cofinanciada polos fondos da Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Programa "Galicia Exporta Empresas 2025".

Axudas para a execución de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2025)

Como apoio ao proceso de internacionalización, Igalia, ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do IGAPE operación cofinanciada polos fondos da Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Logos proxecto financiado FEDER

  • Data de resolución da concesión: 30 de Outubro de 2025.
  • Norma Reguladora: RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2025), cofinanciadas pola Unión Europea no marco doprograma Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG622A).
  • Órgano concedente: IGAPE. Instituto Galego de Promoción Económica.
  • Financiamento: Esta convocatoria finánciase no marco programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento Feder do 60 %, computando como cofinanciamento nacional polo 40 % restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios.
  • Orzamento subvencionable: 41.623,00€
  • Subvención concedida: 29.953,00€
  • Nome do proxecto: Accións de promoción exterior da empresa IGALIA, S.L. en 2025.
  • Accións de promoción da empresa IGALIA, S.L. consistentes na participación na Feira Internacional IBC 2025 (Países Baixos) e nos eventos expositivos internacionais Open Source Summit North America (Estados Unidos), Open Source Summit Europe (Países Baixos) e Open Source Summit Japan (Xapón).