Igalia participa nun proxecto de internationalización, operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Programa Galicia Exporta Empresas 2020.

Programa Galicia Exporta Empresas 2020

Como apoio ao proceso de internacionalización, Igalia, ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do IGAPE cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3. “Mellorar a competitividade das pemes.

European Union logo

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa

O obxectivo principal destas axudas é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.”

Logos proxecto financiado FEDER

  • Data de resolución da concesión: 21 de Outubro de 2021.
  • Data de publicación no DOGA: 4 de Maio de 2021.
  • Norma Reguladora: RESOLUCIÓN do 9 de Xaneiro de 2020 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
  • Órgano concedente: IGAPE. Instituto Galego de Promoción Económica.
  • Financiamento: Esta liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
  • Orzamento subvencionable: 6000€.
  • Subvención concedida: 4200€.
  • Nome do proxecto: Accións de promoción exterior da empresa IGALIA, S.L. en 2021.
  • O proxecto consiste en: Accións de operatividade da internacionalización:
    • Rexistro da marca IGALIA en países fóra da Unión Europea.
  • Finalidade da subvención: O obxectivo destas bases é incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.