Igalia participa no Programa Galicia Exporta Empresas 2016. Operación cofinanciada pol Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Programa Galicia Exporta Empresas 2016.

Programa Galicia Exporta Empresas 2016

Como apoio ao proceso de internacionalización, Igalia, ten axuda concedida polo IGAPE para participar no Programa Galicia Exporta Empresas 2016, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3. “Conseguir un tecido empresarial mais competitivo".

European Union logo

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa

"O obxectivo principal do Programa Galicia Exporta Empresas 2016 é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.”

Logos proxecto financiado FEDER

  • Data de resolución da concesión: 4 de Xullo de 2016.
  • Data de publicación no DOGA: 18 de Xullo de 2016.
  • Norma Reguladora: RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
  • Órgano concedente: IGAPE. Instituto Galego de Promoción Económica
  • Crédito orzamentario: Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7708 e polo seguinte importe: 3.500.000,00€ (2016) e 1.500.500,00€ (2017). Estas axudas están cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
  • Orzamento subvencionable: 38134,98€
  • Subvención concedida: 28601,98€
  • Nome do proxecto: Actuacións de promoción: participación feiras. Subproxectos:
    • Asistencia ó Embedded Linux Conference con booth
    • GENIVI 14th All-Member Meeting and AMM Open Days.
    • Asistencia e sponsorización da LinuxCon Japan e Automotive Linux Summit Japan 2016
    • Asistencia e sponsorización LinuxCon USA 2016
    • Asistencia a IBC 2016
    • Asistencia e booth en LinuxCon Europe
  • Finalidade da subvención: O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países e a diversificación dos sectores internacionalizados.