Premio PFC SwL
       
 

Introducción

O Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre 2008 ten como obxectivo fomentar o acercamento e coñecemento dos estudantes universitarios galegos sobre o Software Libre (SwL).

O obxectivo do Premio é que moitos dos PFCs que se presentan cada ano nas diferentes escolas e facultades de Galicia sexan desenvolvidos como Software Libre, premiando o mellor deles con 1,000 € e a difusión pública do mesmo.

Calendario

Período de inscripción

Ata 31 de outubro de 2008, a través do formulario de inscripción habilitado para tal efecto.

Blog Premio

Blog Premio PFC con Software Libre

Resolución e entrega do Premio

O Premio entregarase no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela, na segunda semana de novembro de 2008 (data por confirmar).

Bases

Descripción Xeral

O concurso do Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre 2008 consiste na presentación e desenvolvemento dun PFC que cree un novo proxecto de Software Libre ou ben mellore un existente, utilizando para elo unha implementación libre de calquera linguaxe de programación.

Os concursantes deberán estar matriculados nalgunha das tres universidades galegas e os seus PFCs deberán ser defendidos, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do ano académico 2007-08, sendo este requisito indispensable para poderen participar no concurso.

Todos os proxectos deberán estar rexistrados na forxa de mancomun, no tópico habilitado para tal efecto, ainda que utilicen outros repositorios de código e listas de correo. 

Recorda, cando antes o inscribas e maior actividade teñas nos repositorios públicos, maiores posibilidades terás de gañar.

Desenvolvemento e licencia do código

Criterios de avaliación

  • Calidade do proxecto: deseño e implementación.
  • Nivel de actividade pública do traballo. Valorarase a publicación continúa do traballo e resultados que se vaian acadando, sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, as da forxa de mancomun.org ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais.

Xurado

  • Igalia Free Software Engineering (2 persoas): 2 socios da empresa.
  • Universidades galegas (3 persoas): os directores/decanos das tres escolas/facultades de informática, ou a persoa na que deleguen.
  • Mancomun.org (1 persoa): o coordinador de mancomun.org, ou a persoa na que delegue.

Premio

Outorgarase un único Premio de 1,000 € ó mellor PFC inscrito no concurso e defendido, cunha nota mínima de 5.0,  en calquera convocatoria ordinaria ou extraordinaria anterior a data de entrega do Premio. Ademáis, se o xurado o considerase adecuado, podería ser tamén entregado un accésit de 500 €.

O Premio poderá ser declarado deserto no caso de que ningún dos presentados reuna a calidade mínima necesaria.

Organiza



Colaboran

Universidade de Santiago de CompostelaUniversidade da CoruñaUniversidade de Vigo

Mancomun

 
igalia
How we think
How we are
Igalia crew
Responsibility
Work with us
Contact
engineering
LAMP
Java
innovation
GNOME
Debian GNU/Linux
Erlang/OTP
Linux
experience
Engineering
Innovation
news
   
Master on Free Software
Planet Igalia
  Valid HTML 4.01 Transitional ¡Valid CSS!
Link to legal terms separator Link to privacy separator Link to credits