Premio PFC SwL
       
 

Introducción

O Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre 2007 xurde para fomentar o acercamento e coñecemento dos estudantes universitarios galegos sobre o Software Libre (SwL).

O obxectivo do Premio é que moitos dos PFCs que se presentan cada ano nas diferentes escolas e facultades de Galicia sexan desenvolvidos como Software Libre, premiando o mellor deles con 1,000 € e a difusión pública do mesmo.

Calendario

Período de inscripción

Dende o 31 de marzo ata o 31 de outubro de 2007, a través do formulario de inscripción habilitado para tal efecto.

Presentación

O Premio será presentado nas 3 universidades galegas:

  • Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña. Martes 10 de abril ás 12.30.
  • ETSE Telecomunicacións da Universidade de Vigo, dentro do VII Foro de Emprego. Xoves 12 de abril ás 16.00.
  • Escola Superior de Enxeñería en Informática da Universidade de Vigo (Ourense). Luns 16 de abril ás 12.00.
  • Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago. Xoves 26 de abril ás 12.00.

Resolución e entrega do Premio

O Premio entregarase no salón de actos da Facultade de Informática da Coruña, na terceira semana de novembro de 2007 (data por confirmar).

Bases

Descripción Xeral

O concurso do Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre 2007 consiste na presentación e desenvolvemento dun PFC que cree un novo proxecto de Software Libre ou ben mellore un existente, utilizando para elo unha implementación libre de calquera linguaxe de programación.

Os concursantes deberán estar matriculados nalgunha das tres universidades galegas e os seus PFCs deberán ser defendidos, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias entre marzo e outubro do ano 2007, sendo este requisito indispensable para poderen participar no concurso.

Todos os proxectos deberán estar rexistrados na forxa de mancomun, no tópico habilitado para tal efecto, ainda que utilicen outros repositorios de código e listas de correo. 

Recorda, cando antes o inscribas e maior actividade teñas nos repositorios públicos, maiores posibilidades terás de gañar.

Desenvolvemento e licencia do código

Criterios de avaliación

  • Calidade do proxecto: deseño e implementación.
  • Nivel de actividade pública do traballo. Valorarase a publicación continúa do traballo e resultados que se vaian acadando, sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, as da forxa de mancomun.org ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais.

Xurado

  • Igalia Free Software Engineering (2 persoas): o Xerente de Negocio e o Coordinador do grupo de Innovation.
  • Universidades galegas (3 persoas): os directores/decanos das tres escolas/facultades de informática, ou a persoa na que deleguen.
  • Mancomun.org (1 persoa): o coordinador de mancomun.org, ou a persoa na que delegue.

Premio

Outorgarase un único Premio de 1,000 € ó mellor PFC inscrito no concurso e defendido, cunha nota mínima de 5.0,  en calquera convocatoria ordinaria ou extraordinaria anterior a data de entrega do Premio. Ademáis, se o xurado o considerase adecuado, podería ser tamén entregado un accésit de 500 €.

O Premio poderá ser declarado deserto no caso de que ningún dos presentados reuna a calidade mínima necesaria.

Organiza



Colaboran

Universidade de Santiago de CompostelaUniversidade da CoruñaUniversidade de Vigo

Mancomun

 
igalia
How we think
How we are
Igalia crew
Responsibility
Work with us
Contact
engineering
LAMP
Java
innovation
GNOME
Debian GNU/Linux
Erlang/OTP
Linux
experience
Engineering
Innovation
news
   
Master on Free Software
Planet Igalia
Community
  Valid HTML 4.01 Transitional ¡Valid CSS!
Link to legal terms separator Link to privacy separator Link to credits